Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

Este concurso está organizado pola Asociación de Amigos do Instituto Monelos Coruña.

 Bases do concurso:  O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación secundaria, bacharelato e FP. Sempre sendo menor de 21 anos.
Características técnicas: Tema libre
As fotografías poden ser en branco e negro ou en cor.
Cun máximo de 3 fotografías por participante.
As fotografías enviaránse por correo electrónico.
Data límitr o 10/03/2019
Non poderán levar marcas de auga.
Presentación:  Enviar as fotografías a amigos.monelos@gmail.com cos datos do participante.
Poñerlle título a cada foto.
Xurado: Formado por dous representantes
premios: 1º Diploma+250€
2º  Diploma+150€
3º Diploma+100€

Concurso de comic manga

Norma Editorial convoca un Concurso de cómic manga. O obxectivo do concurso é presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 160 páxinas. Este volume presentará unha historia  autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos.
Imagen
Famelab é un certame internacional de monólogos científicos de monólogos científicos cuxo obxectivo é fomentar a comunicación da ciencia a través da novas vías de achegamento á sociedade.
Está deseñado para inspirar e motivar aos que se dedican á ciencia e a tecnoloxía. A participación en Famelab España canalizarase a través da gravación dun vídeo no que o participante deberá interpretar un monólogo en castelán que teña como base un tema científico e/ou tecnolóxico, cunha duración máxima de 3 minutos. A gravación poderá realizarse  en calquera dos seguintes formatos: .MP4, .AVI, .MPG, .MOV, .FLV, .WMV, e non poderá  superar os 75  megabytes de tamaño. O vídeo non poderá ir acompañado de edición nin de efectos especiais e non se poderán utilizar presentacións tipo  PowerPoint ou outros dispositivos electrónicos. Farase un uso limitado de materiais de apoio portátiles, polo que os participantes non dispoñerán de tempo extra para a montaxe e desmonte dos materiais auxiliares. O monólogo …

Parlamento Xove 2019

Este programa trata sobre unha competición, entre dous grupos que debaten  sobre un determinado tema, tratando ventaxas e desventaxas, estando a favor ou en contra do tema, sendo isto elixido mediante sorteo previamente. O prazo de inscripcións remata o 21 de Xaneiro, con prazas limitadas, con tan so 48 equipos, con 4 persoas por equipo. Podes acceder a mais información aquí.
Imagen
          PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA


É dirixido para menores de 30 anos de baixa cualificación que desexen ser conductores, auxiliar de almacén ou carretilleiros.


Algunhas das accións a desenvolver son asesoramento individual, prospección de empresas, obradoiros de motivación...

Algunha da información que necesitas para o emprego é que:
- Tes que ter permisos para conducir B,C,D
- Certificados de almacén
- Carretillas
- Prácticas non laborais en empresas.

Para máis información pulse aquí.

BECAS

Imagen

A mocidade ante o 8 M

O Departamento Confederal de Mocidade de USO e o Departamento Confederal da muller propoñen o I Concurso de Curtos, “A mocidade ante o 8 M”.
O obxectivo deste concurso é mostrar o sentimento da xente xoven  o día da muller (8 marzo).
O seu obxectivo é que esta xente poida ver a importancia que debe ter dita loita na sociedade actual.
Este concurso vai dirixido a mocidade de entre 16 e 35 anos, a data límite para enviar os traballos será o 17 de Febreiro de 2019.
A extensión máxima destes relatos curtos será de 150 segundos.
Os premios deste concurso serán os seguintes:
1/ 300€
Tamén hay dous accésits premiados con 100€

RECURSOS PARA MOZAS QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
Neste post, vou tratar un tema tan importante como é a violencia de xénero, tamén vou a falar dos recursos que están a nosa disposición en todo momento.
No centro Quérete+  podemos facer todo tipo de consultas en calqueira dos seus departamentos, cada un adicado a unha parte, así como, teléfonos de contacto.
E para rematar, non é preciso identificarse, pode ser totalmente anónimo.
Déixovos aquí o enlace á web.