Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Publicado en Novas e actividades
O Punto de información xuvenil da Asociación Viento Norte Sur de Murcia organizan as seguinte viaxes solidarias para mocidade de toda España:
- Marrocos: viaxe solidaria ao deserto marroquí.
- Marrocos: Atlas trekking solidario.
- Marrocos: trekking costa solidario
- Marrocos: trekking solidario Valle das Rosas.
- Traballo con nenos  talibés en Senegal.
- India: a orixe do Ganges
Ademais sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos: https://www.facebook.com/vientonortesur.org/?ref=bookmarks
PIJ Viento Norte Sur
www.vientonortesur.org

Premios Exército 2019

A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2019.
Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar. Para consultar e obter maior información sobre prazos e premios, podes consultalo aquí.

Concurso de poesía

A Agrupación Cultural O Facho convoca o Concurso de Poesia 2019.
Ao premio de poesia poderán concorrer qualquer persoa ata os 35 anos de idade e sempre que non teña publicado nengún libro individual de poesia e a obra sexa inédita e non ter sido premiada con anterioridade en calquer outro concurso ou certame.
A obra presentada debe estar escrita en língua galega en qualquer das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e con un máximo de unha obra por autor.
Recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.
O premio será a edición da obra premiada. Ao autor/a entregaránselle 15 exemplares.
O prazo para preentar obras estará aberto ata o 15 de abril de 2019.
Máis información en http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

Xuventude en el extranxeiro

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións aos seguinte programas:
Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.
Proxectos subvencionables promovidos pola xuventude que teñan relación con Galicia:
1. Formación específica da mocidade na xestión das entidades galegas e das institucións e asociacións sen fins de lucro e mellora de habilidades directivas.
2. Intercambios xuvenís de grupos da mocidade pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais.
3. Formación específica da mocidade para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación.
4. Promoción de actividades deportivas que fomenten a relación entre a xuventude de orixe galega.
5. Creación e apoio de grupos de te…
Imagen
Olladas Mariñas en Carballo13 Feb 2019 Publicado enEspazos Xoves Espazo Xove de Carballo
R/ Valle Inclán 24
15100 Carballo. A Coruña
Teléfono: 881 880 421/420
espazoxovecarballo.xuventude@xunta.gal

Universidade de Mocidade e Desenvolvemento 2019

O Centro  Eurolatinoamericano de Mocidade (CEULAJ) en  Mollina (Málaga) acollerá a 20ª edición da Universidade de Mocidade e Desenvolvemento, do 15 ao 22 de setembro de 2019. Máis de 200 participantes reuniranse en representación de distintas organizacións xuvenís internacionais para participar, colaborar e axudar coa súa implicación e compromiso na elaboración deste evento de referencia para o traballo de mocidade dentro e fóra de Europa.
Cada organización pode participar cos seus membros e grupo de colaboradores e desenvolver o seu proxecto. O Centro Norte-Sur do Consello de Europa, xunto co  Injuve e cos integrantes da Rede de Mocidade e Cidadanía Global, serán os encargados de proporcionar o programa común, no que se incentivará a cooperación, o fortalecemento de redes, a aprendizaxe entre iguais e a promoción da igualdade de oportunidades.
Data límite: 24 de febreiro.

Cursos de idiomas en Europa durante o verán

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2019, do alumnado universitario matriculado no curso 2018/19 .
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2019, ambos inclusive.
dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 1000 €.
Os requisitos son os seguintes:
1. Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018.

2. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.

3.O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as da…