Entradas

Formación de aprendices en obradoiros artesáns

Imagen
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices durante un período máximo de 12 meses.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os obradoiros artesáns que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de setembro de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN201K

Máis información no DOG do 27 de febreiro de 2019 e en http://artesaniadegalicia.xunta.gal



Proxectos de enerxía solar para particulares

Imagen
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2019. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e polas súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 8 de abril ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo.
prazo de execución das instalación iniciarase unha vez efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN421O para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e IN421P para uso térmico
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2019 e en www.inega.gal

COMO SERÁ A ABAU...?

Imagen
Premio Comunicar en Igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca o Premio Comunicar en Igualdade
O obxecto do premio é recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.
O Premio Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
a) Premio para profesionais do xornalismo.
b) Premio para o alumnado universitario.
Premio para profesionais do xornalismo
Nesta categoría premiaranse os mellores traballos informativos ou serie de pezas elaboradas individual ou colectivamente, segundo criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre a violencia de xénero.
Premio para alumnado universitario
Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nalgunha das titulacións impartidas no Sistema universitario de G…

VOLUNTARIADO NO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

Imagen
Voluntariado no Hospital Psiquiátrico de Conxo

O Hospital Psiquiátrico de Conxo de Santiago de Compostela precisa persoas voluntarias para levar a cabo o seu programa de voluntariado que ten por beneficiarios ás persoas ingresadas con algunha doenza psiquiátrica, cos obxectivos principais de mellorar a súa estadía no hospital e a súa calidade de vida en xeral.
Se estás interesado en colaborar como voluntario/a tan so tes que encher este formulario e en breve poñeranse en contacto contigo:  formulario

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Publicado en Novas e actividades
O Punto de información xuvenil da Asociación Viento Norte Sur de Murcia organizan as seguinte viaxes solidarias para mocidade de toda España:
- Marrocos: viaxe solidaria ao deserto marroquí.
- Marrocos: Atlas trekking solidario.
- Marrocos: trekking costa solidario
- Marrocos: trekking solidario Valle das Rosas.
- Traballo con nenos  talibés en Senegal.
- India: a orixe do Ganges
Ademais sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos: https://www.facebook.com/vientonortesur.org/?ref=bookmarks
PIJ Viento Norte Sur
www.vientonortesur.org

Premios Exército 2019

A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2019.
Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar. Para consultar e obter maior información sobre prazos e premios, podes consultalo aquí.