Entradas

Mostrando entradas de 2019

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

Imagen
I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño". Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago. O prazo de admisión de poemas estará aberto ata o 24 de agosto do 2019. 1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.
2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos.…

Axudas Injuve para a Creación Nova 2019

Imagen
Axudas Injuve para a Creación Nova 2019
Axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección  suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala  Amadís do Instituto da Mocidade.
Contía:
A contía individualizada das axudas será de 5.000 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e 7.000 € para o proxectos da Sala Amadís.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xuño de 2019 e en www.injuve.es

As políticas de emprego xuvenil a exame

Imagen
As políticas de emprego xuvenil a exame Avaliación do apoio ao emprego xuvenil pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo A Comisión desexa coñecer a opinión dos cidadáns e as partes interesadas sobre as actividades levadas a cabo pola Unión Europea desde 2014 para promover e mellorar o emprego dos mozos a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo. 
A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018. A consulta pública, que permanecerá aberta durante 12 semanas, ata o 16 de agosto, está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, na web da Comisión Europea. http://www.injuve.es/empleo/noticia/la-comision-europea-lanza-una-consulta-sobre-empleo

Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?

Imagen
Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?
A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.
A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A Datas das probas:
A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela:
a) Grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas
b) Grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:
a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas.
b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A X…

SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia

Imagen
SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia
SON Voluntario/a nace coa finalidade de promocionar a acción voluntaria entre a xuventude e dar a coñecer os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Así, este programa está destinado aos festivais de música de Galicia e a eventos de similar natureza nos que as mozas e mozos participantes realizarán diferentes tarefas e vivirán a experiencia do festival desde dentro. Algunha das tarefas das que se encargarán son: ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece o festival, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental. Cómpre destacar que as quendas de voluntariado serán dun máximo de tres horas ao día. As mozas e mozos voluntarios recibirán un bono de acceso ao festival ao que acudan, facilitado polos organizadores de cada evento. Ademais, contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil, que correrá por conta da d…

Nortear

Imagen
Poden participar no premio Nortear todas as persoas, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega. Premio
1. O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros
2. As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
3. Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal. Presentación das obras
As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato…
Premios extraordinarios de ESO29 Mai 2019


A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19. 1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio estará dotado con 750 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros. Requisitos:
Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos A proba estruturarase en dúas partes:
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, …
Canto podes ponderar na ABAU??
No DOG do 27 de maio de 2019 publícanse os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2019/20. DOG do 27 de maio de 2019 http://ciug.gal/PDF/ponderaciones0403.pdf

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Francisco Aguiar son famosos/as

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Francisco Aguiar son famosos/as, foron entrevistados e saen na TV: https://www.instagram.com/p/BxicLM8ocM0/

Proxectos empresariais e de autoemprego da Mocidade en concellos rurais de Ourense

Imagen
Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais:
1. Persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia nalgún dos municipios recollidos na convocatoria sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso:
a) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade.
b) Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
c) Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou
de Suíza, ou ser estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
d) Estar dado de alta como residente no padrón dalgún dos municipios ourensáns elixibles, na data de alta na actividade e durante todo o período subvencionable. O centro de traballo da actividade terá que situarse nese mesmo municipio. As sol…

Habilitación de guías de turismo especializados de Galicia

A Axencia Turismo de Galicia convoca os exames para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo de Galicia no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Para mais información sobre requisitos e demais, podes aceder aquí.

Premios fin de carrera

 Premios fin de carreira A Consellería de Educación convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2017/18, nas universidades do Sistema universitario de Galicia. Entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018. As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción. Para mais información podes facer clic aquí.

Subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove

No DOG do 31 de maio de 2019 publicanse as subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. DOG do 31 de maio de 2019
Imagen
Axudas económicas para libros de texto e material escolar  A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.
1. No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2018/19.
2. Nas axudas para adquirir libros de texto podrá participar alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.
3. Nas axudas para adquirir material escolar podrá participar o alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
A asignación de libros farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familia…
Imagen
Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño. A Consellería de Política Social convoca as estadías nas residencias de tempo libre para 2019 sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)
Persoas destinatarias
Persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Distribución das prazas
A distribución das prazas será compartida nun 50 % entre a Consellería de Política Social e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas derradeiras eleccións sindicais.
Tipos de servizo
O servi…
Imagen
Queres estudar ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño? 1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.
Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en ESO e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de ESO, deberán ter cumpridos os 17 anos e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír por:
– Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores, ou para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e
2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.
Requisitos:
a) Dispor do título de b…
Imagen
Bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.  A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), aposta pola importancia do tempo libre educativo para o desenvolvemento persoal e de socialización da nosa xuventude, para a adquisición de valores e competencias e para a construción da cidadanía e a promoción da cohesión social e o compromiso. Así mesmo, a diversidade funcional representa un escenario que require de novas realidades de traballo e da necesidade de transformar as accións para que os distintos espazos sexan de verdade espazos inclusivos.
Con este fin, e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de …

Premios Estatais ao Voluntariado Social

Imagen
A Secretaria de Estado de Servizos Sociais conovoca os Premios Estatais ao Voluntariado Social
Os Premios Estatais ao Voluntariado Social recoñecen a acción voluntaria das persoas, desenvolta ante as situacións de vulnerabilidade, privación ou falta de dereitos a través de programas de voluntariado que pretendan:
a) Favorecer a igualdade de oportunidades e non discriminación, e a procura da transformación social.
b) Conseguir unha mellora social, tanto nas persoas, como nas súas contornas.
Poderán propoñerse como candidatas ás persoas voluntarias, nacionais ou estranxeiras, que desenvolvan a súa actividade solidaria no seo de entidades do Terceiro Sector de Acción Social, ou en entidades públicas ou privadas que realicen programas de voluntariado en colaboración coas mencionadas organizacións sociais do Terceiro Sector de Acción Social.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2019
Máis información no BOE do 14 de maio

Campos de Traballo para mozos e mozas de orixe galega ou descendentes que residan no exterior

Imagen
A Secretaría Xeral da Emigración convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
O programa consistirá na participación nun Campo de Traballo en Portomarín. Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos.
Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico.  Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde o aeroporto de chegada a Galicia ata a residencia ou albergue xuvenil, así como dos desprazamentos terrestres de todas as persoas participantes que realicen un retorno inmediato desde a instalación en que rematen a actividade ata o aeroporto de saída. Requisitos:
a) Ter a súa residencia habitua…

Novo concurso en marcha!

Imagen
Concurso #REAJconCanarias como conmemoración do Día das Illas Canarias que se celebra o 30 de maio.
Qué tes que facer?
Deixa un comentario no seu post de Facebook e/ou Instagram decindolles cal é túa Illa favorita e con quén te irías.
Etiqueta a esa persoa e non te olvides de incluir o seu hashtag #REAJconCanarias
Lembra seguilos‼️
Participa, comparte, difunde e gaña unha viaxe ás Illas con aloxamento nun dos seus albergues REAJ!
Prazo ata o 2 de xuño de 2019
Toda a información en: https://reaj.com/dia-de-las-islas-canarias/

III Concurso de Fotografía co móbil "Así é o meu pobo"

Imagen
Por tercer ano consecutivo a Omix Mondariz e a Biblioteca Municipal do concello de Mondariz organizan o III Concurso de Fotografía co Móbil "Así é o meu pobo" dirixido á mocidade de 12 a 18 anos.
O obxectivo deste concurso é a celebración do mes das letras, fomentado o uso do galego a través das novas tecnoloxías e relacionándoo co entorno e a paisaxe de Mondariz.
O concurso premiará as fotografías nas que apareza unha imaxe dalgún escenario ou recuncho identificable de Mondariz e deberán ir acompañadas dun texto en galego que non supere as 30 palabras.
Haberá tres grandes premios:
- 1º clasificado/a – un teléfono móbil (Smartphone)
- 2º clasificado/a – unha tablet
- 3º clasificado/a – un lote de libros
Tendes ata o día 3 de xuño para enviar as fotografías.
Para máis información: Pasade pola Biblioteca Municipal, chamade ao 986 664 306 de 10:30h a 12h e de 16.30 a 20h ou no correo electrónico biblioteca@concellodemondariz.com De 10:30h a 12h e de 16.30 a 20h

Certame artístico para a mocidade Palmajove-Casa Planas

Con motivo do 30 aniversario de Palmajove, o Centro de Información Xuvenil da área de Igualdade, Mocidade e Dereitos Cívicos do Concello de Palma organiza, coa coprodución de Casa Planas, un certame dirixido a novos artistas, creadores, pensadores e makers co obxectivo de darlles apoio para mostrar e difundir as súas obras, creacións, traballos e proxectos de instalación, investigación, intervención efémera, arte sonora, new-media, deseño, arquitectura, performativos e todo aquilo inclasificable e transdisciplinario da creación.
Requisitos: poden presentarse mozos e mozas de entre 14 e 35 anos de calquera nacionalidade e residencia. As obras e propostas presentadas deben ser producidas a partir dalgunha das 3 imaxes propostas do Arquivo Casa Planas:
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
O certame consistirá nun exercicio de apropiación e memoria desde diferentes aproximacións teóricas, linguaxes e soportes.
Debe presentarse un escrito-proxecto que describa as obras e/ou un esbozo visu…

Proxectos de acción humanitaria no exterior

Proxectos de acción humanitaria no exterior A Xunta de Galicia convoca subvencións ás organizacións non gobernamentais, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior. Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte a iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións.
A acción humanitaria debe guiarse polos principios de humanidade, imparcialidade, neutralidade e independencia, e executarse baixo o enfoque de vulnerabilidade.
Poderán optar a esta subvención as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e que teñan entre os seus fins o de…

A mar de ciencia

Imagen
O Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) convoca o concurso A mar de ciencia A mar de ciencia é un certame de debuxo, vídeo e relato de ámbito nacional que se dirixe nesta terceira edición ao público infantil e xuvenil, involucrando tamén a centros educativos, docentes e familias. O obxectivo principal é fomentar a educación ambiental mariña e a cultura oceánica e tamén poñer en valor o papel da ciencia na conservación dos océanos. Viaxarán cun acompañante maior de idade ás  Illes  Balears para coñecer a investigación que realizan os centros do CSIC en Mallorca, participar nunha campaña oceanográfica do  SOCIB e visitar o Parque Nacional Marítimo-Terrestre do Arquipélago de Cabrera. Por outra banda, as clases que presenten os mellores vídeos serán premiadas cunha lousa dixital. A temática do certame é a ciencia e o mar. Os debuxos, vídeos e relatos deberán estar relacionados coa visión, a percepción ou o coñecemento que os estudantes teñen da ciencia en xeral e das c…

Surf en Viveiro

Espazo Xove de Viveiro
Avda. Cervantes s/n
27850 Viveiro. Lugo
Teléfono 982 870 956
espazoxoveviveiro.xuventude@xunta.gal

Probas de acceso para estudar...

Queres estudar Arte Dramática? Abrese o prazo ata o 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20.
Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Inscrición
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secre…

Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2019/2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís.
Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.
Convocatoria para o curso académico 2019/20: 216 prazas.
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 74 Home/muller
Ourense. Florentino López Cuevillas: 55 Home/muller
Vigo. Altamar: 87 Home/muller
9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller
Our…

Axudas para incorporar terras a explotacións gandeiras de Lugo

Imagen
A Deputación de Lugo convoca axudas económicas destinadas aos titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras da provincia de Lugo para a incorporación de terras á superficie produtiva.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 7 de xuño de 2019.

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Imagen
Viaxes solidarias Viaxe solidaria a favor do orfanato Essaouira Darna - Marrocos.  Quenda I: 20-27 Xullo. Quenda II: 3-10 Agosto.
Senegal: apoio a nenos/as Talibés. 
 Quendas: 16 - 26 de xullo
Senegal: Convivencia entreculturas.  
Quendas: 3 - 13 de agosto Actividades Campamentos  Viejóvenes +30: Menorca e Formentera. Liña de actividades ata 36 anos. A convocatoria está aberta a mozas e mozos de toda España.
Formentera: do 7 ao 14 de agosto de 2019.
Menorca: 20 - 29 de xullo e do 17 ao 26 de agosto.  
Requisitos: Poden inscribirse todas aquelas persoas maiores de 18. Os menores poderán ir acompañados dun dos seus pais ou titor/a legal. Máis información: https://www.vientonortesur.org/campamentos-viejovenes/ Sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos ou para o campamento de Menorca. 
Para participar no sorteo: https://www.facebook.com/vientonortesur.org/photos/a.1527630600811622/2292573947650613/?type=3&theater

STEMweek 2019

Imagen
STEMweek 2019 A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia. O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte. En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores legais dos menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de realización da actividade, e os gastos que isto ocasione serán a cargo deles. O resto das actividades será gratuíto para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas. Requisitos:
a) Estar cu…