Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

Imagen
I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño". Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago. O prazo de admisión de poemas estará aberto ata o 24 de agosto do 2019. 1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.
2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos.…

Axudas Injuve para a Creación Nova 2019

Imagen
Axudas Injuve para a Creación Nova 2019
Axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección  suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala  Amadís do Instituto da Mocidade.
Contía:
A contía individualizada das axudas será de 5.000 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e 7.000 € para o proxectos da Sala Amadís.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xuño de 2019 e en www.injuve.es

As políticas de emprego xuvenil a exame

Imagen
As políticas de emprego xuvenil a exame Avaliación do apoio ao emprego xuvenil pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo A Comisión desexa coñecer a opinión dos cidadáns e as partes interesadas sobre as actividades levadas a cabo pola Unión Europea desde 2014 para promover e mellorar o emprego dos mozos a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo. 
A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018. A consulta pública, que permanecerá aberta durante 12 semanas, ata o 16 de agosto, está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, na web da Comisión Europea. http://www.injuve.es/empleo/noticia/la-comision-europea-lanza-una-consulta-sobre-empleo

Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?

Imagen
Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?
A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.
A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A Datas das probas:
A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela:
a) Grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas
b) Grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:
a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas.
b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A X…

SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia

Imagen
SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia
SON Voluntario/a nace coa finalidade de promocionar a acción voluntaria entre a xuventude e dar a coñecer os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Así, este programa está destinado aos festivais de música de Galicia e a eventos de similar natureza nos que as mozas e mozos participantes realizarán diferentes tarefas e vivirán a experiencia do festival desde dentro. Algunha das tarefas das que se encargarán son: ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece o festival, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental. Cómpre destacar que as quendas de voluntariado serán dun máximo de tres horas ao día. As mozas e mozos voluntarios recibirán un bono de acceso ao festival ao que acudan, facilitado polos organizadores de cada evento. Ademais, contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil, que correrá por conta da d…

Nortear

Imagen
Poden participar no premio Nortear todas as persoas, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega. Premio
1. O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros
2. As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
3. Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal. Presentación das obras
As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato…
Premios extraordinarios de ESO29 Mai 2019


A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19. 1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio estará dotado con 750 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros. Requisitos:
Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos A proba estruturarase en dúas partes:
a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, …
Canto podes ponderar na ABAU??
No DOG do 27 de maio de 2019 publícanse os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2019/20. DOG do 27 de maio de 2019 http://ciug.gal/PDF/ponderaciones0403.pdf

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Francisco Aguiar son famosos/as

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Francisco Aguiar son famosos/as, foron entrevistados e saen na TV: https://www.instagram.com/p/BxicLM8ocM0/

Proxectos empresariais e de autoemprego da Mocidade en concellos rurais de Ourense

Imagen
Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais:
1. Persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia nalgún dos municipios recollidos na convocatoria sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso:
a) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade.
b) Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
c) Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou
de Suíza, ou ser estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
d) Estar dado de alta como residente no padrón dalgún dos municipios ourensáns elixibles, na data de alta na actividade e durante todo o período subvencionable. O centro de traballo da actividade terá que situarse nese mesmo municipio. As sol…

Habilitación de guías de turismo especializados de Galicia

A Axencia Turismo de Galicia convoca os exames para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo de Galicia no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Para mais información sobre requisitos e demais, podes aceder aquí.

Premios fin de carrera

 Premios fin de carreira A Consellería de Educación convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2017/18, nas universidades do Sistema universitario de Galicia. Entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018. As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción. Para mais información podes facer clic aquí.

Subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove

No DOG do 31 de maio de 2019 publicanse as subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. DOG do 31 de maio de 2019