Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Youth wiki

A información de Youth wiki está organizada en función dos países participantes e recolle e sintetiza información, que antes estaba dispersa en distintas webs.
O obxectivo xeral deste proxecto é axudar á Comisión Europea e aos Estados membros da Unión Europea na súa toma de decisións, proporcionando información sobre as reformas e as iniciativas vixentes. A recompilación destes datos tamén permite o intercambio de información e novos enfoques  e apoiar actividades de aprendizaxe usadas por traballadores no ámbito da mocidade, ademais de servir como base e guía para mozos interesados, estudantes e investigadores na materia.
A principal fonte de información desta enciclopedia consiste en documentos oficiais procedentes das autoridades nacionais de alto nivel no ámbito da mocidade, así como de estudos, enquisas, análises de datos e estatísticas.
Cada país designa un Correspondente Nacional  quen facilita e actualiza periodicamente os datos almacenados.
Podes consultar toda a…

CERTAME DE NARRACIÓNS BREVES

Imagen
Neste post, vou falar do 28º Certame de narracións de Manuel Murguía.  Realizarase no concello de Arteixo o 15 de febreiro do 2019. Haberá 3 premios dun importe significativo e ademais se o concello quere dispoñer dos relatos, pagarálle un porcentaxe ao autor polos dereitos de autor. Aquí vos deixo as bases para concursar.

A CAMADA

Imagen
O IES de Barro realizou unha suxestiva curta que pretende visibilizar as condutas machistas e micromachistas normalizadas, para detectalas e erradicalas, conscientes de que todos e todas somos responsables de denuncialas. Podes velo aquí

Transporte gratuíto para a mocidade: Xente nova

Imagen
Que é?
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas. Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 19 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo. Como conseguila?
1. Solicita cita nesta páxina:http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
3. Unha vez alí, só necesitan o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
4. A túa tarxeta xa está lista. Podes levala contigo e empezar a viaxar. Máis información en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e e no correo electrónico: tmg@xunta.gal
Imagen
A Dirección Xeral de Xuventude ten aberto ata o vindeiro 21 de xaneiro o prazo para participar na décima edición do Parlamento Xove.
Está dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.
A iniciativa consiste nunha competición na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos e un profesor que será o coordinador, investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización.
Os equipos interesados en participar no Parlamento Xove 2019 deberán enviar telematicamente o formulario de participación dispoñible na páxina web oficial da competición.
Fase clasificatoria:  os equipos debaterán entre si o/s día/s sinalado/s pola organización, coa temporalización e distribución de emparellamentos resultante do sorteo que se realizará publicamente o día anterior ao inicio dos debates, unha vez que se coñeza o número exacto de participantes.
Premios
1) Os equipos gañadores do Parlamento Xove: unha viaxe para os/as cinco integrantes do equipo valo…

600 cursos online gratuitos

Imagen
Universidades de todo o mundo ofrecen seus cursos en liña de xeito gratuíto (ou polo menos parcialmente de balde). Estes cursos denomínanse MOOCS ou Cursos en liña masivos e abertos. No últimos sete anos, máis de 800 universidades crearon arredor de 10.000 destes MOOC. E só nos últimos catro meses, a web Class Central compilou 600 novos cursos ofrecidos por 190 universidades de todo o mundo. A web organiza estes cursos por materias: Informática, Matemáticas, Programación, Ciencia de Datos, Humanidades, Ciencias Sociais, Educación e Docencia, Saúde e Medicina, Negocios, Desenvolvemento Persoal, Enxeñería, Arte e Deseño, e finalmente ciencia.
Unha das vantaxes dos MOOC é que non se rixen por horarios definidos. E tampouco teñen data de comezo e finalización. Polo que están a se converter nun fenómeno educativo, xa que se adaptan totalmente ao alumno, ademais de ofertar unha formación non regrada.
Velaiquí a listaxe dos 600 novos MOOC ofertados este curso por 190 universida…

O AMOR NON É CONTROL

Imagen
Nesta entrada vou tratar o tema da violencia de xénero en relación cós adolescentes.
A maioría dos adolescentes, non sabes os riscos que corren e tampouco as relacións que teñen os seus actos coa violencia de xénero. Moitas veces, pensamos que unha persoa que nos persiga, que nos vixie, que nos mire o móbil,... é por simple diversión e non se dá de conta de que @ están acosando.
Con este post, só quero concienciar a todo o mundo de que non todo é diversión nin moito menos nas redes sociais.

‘Youth Wiki’, enciclopedia virtual sobre mocidade

Imagen
Recolle e sintetiza información que antes estaba dispersa en distintas webs. Youth Wiki naceu co propósito de servir de enciclopedia virtual de cabeceira para todos os mozos europeos. A información está organizada en función dos 27 países participantes e recolle e sintetiza información, que antes estaba dispersa en distintas webs, sobre políticas e accións nacionais de educación e formación, emprego e emprendemento, voluntariado, inclusión social, mocidade, creatividade e cultura destinados a mozos. Tamén se poden consultar os datos categorizados segundo as diversas políticas que levan a cabo na Unión Europea, como emprego e emprendemento, saúde e benestar ou inclusión social. Para máis información consulta neste enlace.

Consumópolis

Imagen
A Axencia Española de Consumo organizou un concurso que fala da consumópolis, isto quere dicir que se sabemos todo o que comemos.

Ten como obxectivo promover a reflexión.

Terán ata o 15 de febreiro de 2019 para inscribirse.

Na primeira parte deste proxecto, os cinco integrantes do equipo deberán completar o ercorrido pola cidade de Consumópolis resolvendo diversas probas.

A segunda parte, coa que se pretende fomentar o trabalo en equipo, consiste, no deseño, elaboración e presentación dun produto novo orixinal coa súa correspondiente etiqueta obrigatoria.

Premios:
Os organismos competentes en Consumo das Comunidades Autónomas organizadoras do Concurso establecerán os premios que se concederán aos respectivos gañadores autonómicos.
Os premios nacionais do Concurso consistirán nun ordenador portátil ou tableta para cada un dos cinco concursantes e o profesor que coordinase os equipos gañadores.
Ademais, recibirán un diploma acreditativo como gañadores.
Os colexios aos que pertenzan os equipos ga…

Encontro sectorial no Espazo Xove de Ourense

Imagen
Vamos a celebrar o encontro sectorial no Espazo Xove de Ourense "Cultura e ocio educativo como oportunidade de emprendemento.” Se queres mais información podes encontrala aquí

Actas do 30º Certame de Mocidade Investigadora

Imagen
O Certame de Mocidade Investigadora naceu fai 30 anos co propósito de espertar a vocación investigadora dos mozos e mozas.Este certame é unha porta privilexiada para o acceso das mozas á ciencia.

Consulta toda a información aquí:


Actas do 30º Certame de Novos Investigadores

Imagen
En esta entrada, déixovos unha carta que nos resume como é a sociedade na que vivimos. Intenta explicarnos como nos debemos comportar e que nos debemos respetar uns a outros. E por último cóntanos as actividades que se realizaran no proxecto.

 Para máis información pulsa aquí.