Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Concurso de fotografía “Como educa o colexio?

Imagen
O Colexio Xara organiza o concurso de fotografía “Como educa o colexio?” de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet.
O concurso consiste en subir unha foto a Facebook a través da plataforma habilitada para iso que ilustre a resposta á pregunta formulada “Como educa o colexio?”
Imagen
Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesaO Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2019 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
Curso 2016-2017, convocadas no BOE do 11 de agosto de 2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Curso 2017-2018, convocadas no BOE do 3 de agosto de 2017.

Bono coidado para a atención de nenas e nenos de doce anos

Imagen
Bono coidado para  a atención de nenas e  nenos menores de         doce anos

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:
a) Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.  Persoas beneficiarias: os pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes. Persoas beneficiarias: os pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma…
Imagen
A Fundación Barrié convoca 10 Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.
Requisitos:
Ter a nacionalidade española.
Ter vinculación con Galicia. Para ese efecto, considerarase unicamente nos seguintes supostos:
a) Candidatos/as nados/as en Galicia
b) Persoas candidatas cun proxenitor nado en Galicia
c) Persoas candidatas empadroadas en calquera dos concellos de Galicia como mínimo 2 anos inmediatamente anteriores á data de apertura da convocatoria.
Estar en posesión dun título superior expedido por unha universidade española ou estranxeira (homologado polo Ministerio de Educación). Tamén poderán solicitar a bolsa os/as candidatos que estean cursando o seu último ano durante o curso académico 2018-2019.
Os/as solicitantes deberán inscribirse en estudos conducentes á obtención dun título de Máster, que se desenvolvan de maneira presencial, continua, a tempo completo e no estranxeiro.
Dotación:
A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000 € anua…

Encontro da xuventude emprendedora e Feira de emprego no marco do proxecto Eurocidade_2020

Imagen
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca un Encontro da xuventude emprendedora e Feira de emprego no marco do proxecto Eurocidade_2020, en colaboración coa AECT Eurocidade Chaves-Verín, a  Fundación Galicia Europa, o Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ), a  Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ), o Concello de Verín e o Municipio de Chaves.
Para máis información  

Probas de acceso a ciclos formativos, grados medio e superior

Actividades de formación en linguas extranxeiras

Imagen
Imagen
No Programa “Buxiganga Proxecto Teatral Afeccionado 2019”, poderán participar como colectivos teatrais as asociacións que posúan un grupo de teatro afeccionado, que teñan residencia na provincia de Lugo.
Este Programa vai dirixido tanto aos concellos da provincia, que poderán solicitar actuacións para se acolleren a este programa, como a aquelas asociacións sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.

          ENCONTRO DE CORRESPONDENTES XUVENÍS EN ESPAÑARequisitos para participar: - Ser Correspondente Xuvenil
- Estar en 2º, 3º, 4º da ESO ou 1º de Bacharelato
Cómo podedes participar?
Paso 1:  organízadevos en grupos de dúas persoas.
Paso 2:  realizade un vídeo que dure entre 1 e 3 minutos.
Paso 3:  enviade o video a institutoxuventude.ctb@xunta.gal antes do 18 de febreiro
Paso 4:  esperade a resolución do xurado. Elixiranse 10 videos. Sede creativos, orixinais e cuidade a calidade da imaxe e do son.
10 videos x 2 persoas= 20 participantes
O tema do video:  amosar e difundir a nosa comunidade autónoma, os seus atractivos, lugares ou puntos de interese, enfocando o proxecto cara a mobilidade xuvenil en Galicia a través dos albergues xuvenís da REAJ existentes como opción de aloxamento.

Para máis información pulse aquí.

Proxectos de enerxía solar para particulares

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2019. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e polas súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 8 de abril ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo.
prazo de execución das instalación iniciarase unha vez efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN421O para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e IN421P para uso térmico
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2019 e en www.inega.gal

Galiciencia 2019

Imagen
O concurso organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2019 con temática Saúde e bos hábitos, polo que, as diferentes probas a superar estarán relacionadas co noso comportamento e as súas implicacións na saúde.
O concurso constará de dúas fases:
1ª Fase non presencial: constará de 3 desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico a atrevete@galiciencia.com para a súa valoración. Tedes que mandar os tres desafíos dentro do prazo establecido, xa que non é un concurso con eliminación. Só se valorarán os grupos que manden os tres vídeos.
2ª Fase presencial: constará dun desafío final que terá lugar o venres 10 de maio de 11:00h a 12:00h durante a Galiciencia e na que participarán os 3 grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase.
PARTICIPANTES
O concurso está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos, establecéndose tres categorías:
Categoría A (4º, 5º e 6º de EP)
Categoría B (1º, 2º e 3º da ESO)
Categoría C (4º da ESO e Bacharelat…

III Festival de Rap North Music

Imagen
A Concellería de Mocidade de Santander pon en marcha o III Festival de Rap en colaboración co colectivo North  Music. Trátase dun torneo de rap, coñecido popularmente como “Batalla de galos”, no cal os participantes, adaptándose a unha base musical, demostran o seu enxeño e dominio do  freestyle improvisando sobre unha temática escollida de forma aleatoria ou ben respondéndose entre eles directamente por quendas. O torneo pretende impulsar a cultura xuvenil urbana da mocidade, premiando aos gañadores e ofrecendo aos 16 finalistas un espazo onde poder mostrar a súa arte. A organización do torneo (que terá carácter de fase clasificatoria rexional para a final nacional) corre a cargo do colectivo " North  Music" e forma parte dun Festival de Rap que terá lugar o sábado 13 de abril, ás 21:00 horas na estación de tren de ADIF1, enmarcado no programa de lecer do Concello de Santander "A Noite é Nova". No festival, ademais das "batallas de galos", haberá máis a…
Imagen
Reto Lector 2019
13 Mar 2019


Publicado enPremios e concursos
Un ano máis a editorial Galaxia propón un novo reto lector.
Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
Para participar hai que ler un libro da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal un arquivo de video a través da plataforma WeTransfer. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade do vídeo é animar a que outras persoas lean.
A Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e das sús redes sociais, os vídeos enviados. Por este motivo, no mail que cada participante nos envíe, ademais do vídeo deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
O vídeo non poderá superar os 2 minutos de duración.
Convida…

IV Concurso musical “Quero Cantar”

Imagen
A Deputación da Coruña convoca o IV Concurso musical “Quero Cantar”

Pode participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas. En función das idades establécense as seguintes categorías:
Categoría A. Infantil
Idade: ata 12 anos
Número máximo de compoñentes : 12
Categoría B. Xuvenil
Idade: de 13 a 16 anos
Número máximo de compoñentes: 12
Para a categoría A permítese que, incluída no límite de 12 participantes, haxa unha persoa que supere o límite de idade.
Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, tamén se permite unha persoa que supere o límite de idade


Os premios son os seguintes:

5 primeiros clasificados en cada categoría: Gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 19
Premios da Gala final:
1º clasificado en cada categoría: 
Gravación dun videoclip da canción gañadora
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, di…

Reto lector 2019

Imagen
Reto Lector 2019       
Un ano máis a editorial Galaxia propón un novo reto lector. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
Para participar hai que ler un libro da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal un arquivo de video a través da plataforma WeTransfer. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade do vídeo é animar a que outras persoas lean.
A Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e das sús redes sociais, os vídeos enviados. Por este motivo, no mail que cada participante nos envíe, ademais do vídeo deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
O vídeo non poderá superar os 2 minutos de duración.
Convidarase a un xurado formado por alumnado da ESO dun centr…

Axudas a fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénro

Imagen
Axudas a fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
As axudas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2019.

Formación de aprendices en obradoiros artesáns

Imagen
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices durante un período máximo de 12 meses.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os obradoiros artesáns que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 16 de setembro de 2019.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN201K

Máis información no DOG do 27 de febreiro de 2019 e en http://artesaniadegalicia.xunta.gal



Proxectos de enerxía solar para particulares

Imagen
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2019. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e polas súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 8 de abril ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo.
prazo de execución das instalación iniciarase unha vez efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN421O para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e IN421P para uso térmico
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2019 e en www.inega.gal

COMO SERÁ A ABAU...?

Imagen
Como será a ABAU...? A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes denominadas: parte obrigatoria e parte voluntaria.
A parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:


O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse de forma voluntaria dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de m…
Imagen
Premio Comunicar en Igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca o Premio Comunicar en Igualdade
O obxecto do premio é recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.
O Premio Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
a) Premio para profesionais do xornalismo.
b) Premio para o alumnado universitario.
Premio para profesionais do xornalismo
Nesta categoría premiaranse os mellores traballos informativos ou serie de pezas elaboradas individual ou colectivamente, segundo criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre a violencia de xénero.
Premio para alumnado universitario
Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nalgunha das titulacións impartidas no Sistema universitario de G…

VOLUNTARIADO NO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO

Imagen
Voluntariado no Hospital Psiquiátrico de Conxo

O Hospital Psiquiátrico de Conxo de Santiago de Compostela precisa persoas voluntarias para levar a cabo o seu programa de voluntariado que ten por beneficiarios ás persoas ingresadas con algunha doenza psiquiátrica, cos obxectivos principais de mellorar a súa estadía no hospital e a súa calidade de vida en xeral.
Se estás interesado en colaborar como voluntario/a tan so tes que encher este formulario e en breve poñeranse en contacto contigo:  formulario