Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur" Publicado en Novas e actividades O Punto de información xuvenil da Asociación Viento Norte Sur de Murcia organizan as seguinte viaxes solidarias para mocidade de toda España: - Marrocos: viaxe solidaria ao deserto marroquí. - Marrocos: Atlas trekking solidario. - Marrocos: trekking costa solidario - Marrocos: trekking solidario Valle das Rosas. - Traballo con nenos  talibés en Senegal. - India: a orixe do Ganges Ademais sortean unha praza para unha viaxe solidaria a Marrocos: https://www.facebook.com/vientonortesur.org/?ref=bookmarks PIJ Viento Norte Sur www.vientonortesur.org

Premios Exército 2019

A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2019. Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar. Para consultar e obter maior información sobre prazos e premios, podes consultalo aquí.

Concurso de poesía

A Agrupación Cultural O Facho convoca o Concurso de Poesia 2019. Ao premio de poesia poderán concorrer qualquer persoa ata os 35 anos de idade e sempre que non teña publicado nengún libro individual de poesia e a obra sexa inédita e non ter sido premiada con anterioridade en calquer outro concurso ou certame. A obra presentada debe estar escrita en língua galega en qualquer das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e con un máximo de unha obra por autor. Recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos. O premio será a edición da obra premiada. Ao autor/a entregaránselle 15 exemplares. O prazo para preentar obras estará aberto ata o 15 de abril de 2019. Máis información en http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

Xuventude en el extranxeiro

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións aos seguinte programas: Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior. Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude. Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas. Proxectos subvencionables promovidos pola xuventude que teñan relación con Galicia: 1. Formación específica da mocidade na xestión das entidades galegas e das institucións e asociacións sen fins de lucro e mellora de habilidades directivas. 2. Intercambios xuvenís de grupos da mocidade pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais. 3. Formación específica da mocidade para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación. 4. Promoción de actividades deportivas que fomenten a relación entre a xuventude de orixe galega. 5. Creación e apoio de grupo
Imagen
Olladas Mariñas en Carballo 13 Feb 2019 Publicado en Espazos Xoves Espazo Xove de Carballo R/ Valle Inclán 24 15100 Carballo. A Coruña Teléfono: 881 880 421/420 espazoxovecarballo.xuventude@xunta.gal

Universidade de Mocidade e Desenvolvemento 2019

O Centro  Eurolatinoamericano de Mocidade (CEULAJ) en  Mollina (Málaga) acollerá a 20ª edición da Universidade de Mocidade e Desenvolvemento, do 15 ao 22 de setembro de 2019. Máis de 200 participantes reuniranse en representación de distintas organizacións xuvenís internacionais para participar, colaborar e axudar coa súa implicación e compromiso na elaboración deste evento de referencia para o traballo de mocidade dentro e fóra de Europa. Cada organización pode participar cos seus membros e grupo de colaboradores e desenvolver o seu proxecto. O Centro Norte-Sur do Consello de Europa, xunto co  Injuve e cos integrantes da Rede de Mocidade e Cidadanía Global, serán os encargados de proporcionar o programa común, no que se incentivará a cooperación, o fortalecemento de redes, a aprendizaxe entre iguais e a promoción da igualdade de oportunidades. Data límite:  24 de febreiro.

Cursos de idiomas en Europa durante o verán

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2019, do alumnado universitario matriculado no curso 2018/19 . As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2019, ambos inclusive. A  dotación económica  asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 1000 €. Os requisitos son os seguintes: 1.  Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018. 2.  O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos. 3. O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas