I Premio de poesía "Camiño de Santiago" A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño" . Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago. O prazo de admisión de poemas estará aberto ata o 24 de agosto do 2019. 1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. 2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre
Comentarios
Publicar un comentario