Cursos de idiomas en Europa durante o verán
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 142 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2019, do alumnado universitario matriculado no curso 2018/19 .
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2019, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 1000 €.
Os requisitos son os seguintes:
1. Estar matriculado no curso 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2018.
2. O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
3.O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2019.
As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.es .

Comentarios
Publicar un comentario