Proxectos de enerxía solar para particulares

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2019.
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e polas súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables.
prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 8 de abril ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo.
prazo de execución das instalación iniciarase unha vez efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN421O para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e IN421P para uso térmico
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2019 e en www.inega.gal 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Premios Exército 2019

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"