III Festival de Rap North Music
A Concellería de Mocidade de Santander pon en marcha o III Festival de Rap en colaboración co colectivo North Music.
Trátase dun torneo de rap, coñecido popularmente como “Batalla de galos”, no cal os participantes, adaptándose a unha base musical, demostran o seu enxeño e dominio do freestyle improvisando sobre unha temática escollida de forma aleatoria ou ben respondéndose entre eles directamente por quendas.
O torneo pretende impulsar a cultura xuvenil urbana da mocidade, premiando aos gañadores e ofrecendo aos 16 finalistas un espazo onde poder mostrar a súa arte.
A organización do torneo (que terá carácter de fase clasificatoria rexional para a final nacional) corre a cargo do colectivo " North Music" e forma parte dun Festival de Rap que terá lugar o sábado 13 de abril, ás 21:00 horas na estación de tren de ADIF1, enmarcado no programa de lecer do Concello de Santander "A Noite é Nova".
No festival, ademais das "batallas de galos", haberá máis actuacións e shows de freestyle, entre elas a de Nevils, gañador do Festival de Rap “ North Music” que tivo lugar na 38ª edición da Noite é Nova (quen non poderá participar neste torneo por gañar o anterior).
Para optar a ser un dos 16 participantes do festival, deberás enviar por e-mail a inscripciones@northmusic.es, o seguinte contido:
- Datos persoais: nome e apelidos, teléfono móbil, idade e A. K.A (termo utilizado no hip- hop para denominar o alias, 'Also Known As....').
- Vídeo que non supere os 60 segundos facendo un freestyle.
- Imaxe (copia, foto…) do DNI, para comprobación dos datos.

Prazo: A data límite de inscrición será o venres 5 de abril de 2019.
Requisitos
Trátase dun evento de carácter xuvenil, polo que poderá participar calquera mozo/a sempre que, no momento da inscrición, a súa idade non supere os 35 anos nin esté por baixo dos 14.
Trátase dun evento de carácter xuvenil, polo que poderá participar calquera mozo/a sempre que, no momento da inscrición, a súa idade non supere os 35 anos nin esté por baixo dos 14.
Máis información www.juventudsantander.com
Comentarios
Publicar un comentario