Probas de acceso para estudar...

Queres estudar Arte Dramática?

Abrese o prazo ata o 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20.
Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Inscrición
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola superior de Arte Dramática de Galicia.
Data da proba
As probas específicas de acceso comezarán o día 1 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia,
Máis información no DOG do 13 de maio de 2019 e en http://www.esadgalicia.com


Queres facer estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais?

Abrese o prazo ata o 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Inscrición dos/as aspirantes ao acceso
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ata o 7 de xuño.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Desenvolvemento das probas
As ditas probas levaranse a cabo o día 4 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia 
 
 

Queres estudar ensinanzas superiores de Deseño?

Abrese o prazo ata o día 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/20. Requisitos
- Título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Inscrición para realizar as probas
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365. Tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño ata o día 7 de xuño.
Data da proba
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 3 de xullo na EASD Pablo Picasso da Coruña.


Queres facer estudos superiores de Música?

Abrese o prazo ata o día 7 de xuño para inscribirse na proba de acceso ás ensinanzas superiores de música para o curso 2019/20. Requisitos
- Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
- As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaseis anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Inscrición
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 https://sede.xunta.gal/chave365, e tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 7 de xuño.
Data da proba
As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 20 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Premios Estatais ao Voluntariado Social

XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"

As políticas de emprego xuvenil a exame