Proxectos de acción humanitaria no exterior

Proxectos de acción humanitaria no exterior

A Xunta de Galicia convoca subvencións ás organizacións non gobernamentais, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior. Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte a iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións.
A acción humanitaria debe guiarse polos principios de humanidade, imparcialidade, neutralidade e independencia, e executarse baixo o enfoque de vulnerabilidade.
Poderán optar a esta subvención as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria ou que demostren contrastada experiencia neste sector.
Requisitos das entidades solicitantes:
Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento (sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento), con polo menos un ano de antelación ao de publicación da convocatoria.
Ter sede, domicilio social ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
A entidade solicitante poderá presentar un máximo de dous proxectos individuais ou en agrupación.
Requisitos dos proxectos:
Ter unha duración máxima de 12 meses. A súa execución debe rematar antes do 31 de decembro de 2019 e pode estar iniciado desde o 1 de xaneiro de 2019.
Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos, constando expresamente o seu compromiso co proxecto. Poderá considerarse como socio local a propia ONGD en terreo.
Que o proxecto estea deseñado para responder a necesidades humanitarias priorizando a poboación con base na súa vulnerabilidade, sen que se discrimine por razón de raza, sexo, relixión, cultura ou orixe.

Prazo: 17 de xuño de 2019
As solicitudes deben tramitarse de forma telemática en https://sede.xunta.es no procedemento PR811A

Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Premios Exército 2019

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"