Entradas

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

Imagen
I Premio de poesía "Camiño de Santiago" A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa  "A vida como camiño" . Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago. O  prazo  de admisión de poemas estará aberto  ata o 24 de agosto  do 2019. 1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. 2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre

Axudas Injuve para a Creación Nova 2019

Imagen
Axudas Injuve para a Creación Nova 2019 Axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección  suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación: a) Produción de obra. b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores. c) Emprendemento para a creación emerxente. d) Sala  Amadís do Instituto da Mocidade. Contía: A contía individualizada das axudas será de 5.000 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e 7.000 € para o proxectos da Sala Amadís. O  prazo  para presentar solicitudes estará aberto  ata o 28 de xuño de 2019. Máis información no BOE do 1 de xuño de 2019 e en  www.injuve.es

As políticas de emprego xuvenil a exame

Imagen
As políticas de emprego xuvenil a exame Avaliación do apoio ao emprego xuvenil pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo A Comisión desexa coñecer a opinión dos cidadáns e as partes interesadas sobre as actividades levadas a cabo pola Unión Europea desde 2014 para promover e mellorar o emprego dos mozos a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo.  A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018. A consulta pública, que permanecerá aberta durante 12 semanas, ata o 16 de agosto, está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, na web da Comisión Europea. http://www.injuve.es/empleo/noticia/la-comision-europea-lanza-una-consulta-sobre-empleo

Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso?

Imagen
Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso? A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20. A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas. O  prazo  de inscrición estará aberto  ata o día 10 de xullo de 2019. As solicitudes poden tramitarse en  https://sede.xunta.es  cos procedemento ED318A Datas das probas: A proba de  madureza  terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela: a) Grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas b) Grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. A proba de  acceso específica  para as titulacións de técnicos deportivos realizarase: a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas. b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cant

SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia

Imagen
SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia SON Voluntario/a nace coa finalidade de promocionar a acción voluntaria entre a xuventude e dar a coñecer os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Así, este programa está destinado aos festivais de música de Galicia e a eventos de similar natureza nos que as mozas e mozos participantes realizarán diferentes tarefas e vivirán a experiencia do festival desde dentro. Algunha das  tarefas das que se encargarán  son:  ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece o festival, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental.  Cómpre destacar que as quendas de voluntariado serán dun máximo de tres horas ao día. As mozas e mozos voluntarios recibirán un bono de acceso ao festival ao que acudan, facilitado polos organizadores de cada evento.  Ademais, contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil, que correrá

Nortear

Imagen
Poden participar no premio Nortear todas as persoas, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con  idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. O premio literario versará sobre o xénero de relato curto. Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega. Premio 1. O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros 2. As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia. 3. Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal. Presentación das obras As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel
Premios extraordinarios de ESO 29 Mai 2019 A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19. 1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios. 2. Cada  premio  estará dotado con 750 €. 3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción. 4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros. Requisitos: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos A proba  estruturarase en dúas partes: a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con e