Premios extraordinarios de ESO

29 Mai 2019


    A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.
    1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
    2. Cada premio estará dotado con 750 €.
    3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
    4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
    Requisitos:
    Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos
    A proba estruturarase en dúas partes:
    a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
    b) Na segunda parte, o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas de tres materias do currículo de cuarto curso:
    – Xeografía e Historia.
    – Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.
    – Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
    Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
    O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde o día 6 de xuño de 2019 ata o día 5 de xullo de 2019.
    As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311D
    Máis información no DOG do 29 de maio de 2019 e en www.edu.xunta.es

    Comentarios

    Entradas populares de este blog

    Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

    Premios Exército 2019

    I Premio de poesía "Camiño de Santiago"