Proxectos empresariais e de autoemprego da Mocidade en concellos rurais de Ourense

Requisitos dos beneficiarios e dos proxectos empresariais:
1. Persoas físicas que, a partir do 8 de xaneiro de 2019, desenvolvan actividades empresariais ou profesionais por conta propia nalgún dos municipios recollidos na convocatoria sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos, referidos á data de inicio da actividade subvencionable ou á data específica que se indica en cada caso:
a) Ser maior de 16 anos e menor de 30 anos de idade.
b) Atoparse inscrito no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
c) Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou
de Suíza, ou ser estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
d) Estar dado de alta como residente no padrón dalgún dos municipios ourensáns elixibles, na data de alta na actividade e durante todo o período subvencionable. O centro de traballo da actividade terá que situarse nese mesmo municipio.
As solicitudes poderán presentarse en calquera momento dende a publicación da convocatoria e ata o 30 de novembro de 2019.
Bases: BOP de Ourense do 29 de maio de 2019
Proxectos empresariais e de autoemprego da Mocidade en concellos rurais de Ourense

Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Premios Exército 2019

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"