I Premio de poesía "Camiño de Santiago" A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Poderán participar no certame todas as persoas autoras que presenten un único poemario de 450 a 550 versos e cuxo tema de fondo sexa "A vida como camiño" . Os textos deberán manter unha vinculación explícita co Camiño de Santiago. O prazo de admisión de poemas estará aberto ata o 24 de agosto do 2019. 1. Poderán concorrer todos os e as poetas de calquera lugar do mundo cun poemario escrito en castelán ou en galego, conforme ás normativas ortográficas e morfolóxicas establecidas pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. 2. Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre ...
Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso? A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20. A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2019. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A Datas das probas: A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela: a) Grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas b) Grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase: a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas. b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de set...
As políticas de emprego xuvenil a exame Avaliación do apoio ao emprego xuvenil pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo A Comisión desexa coñecer a opinión dos cidadáns e as partes interesadas sobre as actividades levadas a cabo pola Unión Europea desde 2014 para promover e mellorar o emprego dos mozos a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo. A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018. A consulta pública, que permanecerá aberta durante 12 semanas, ata o 16 de agosto, está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, na web da Comisión Europea. http://www.injuve.es/empleo/noticia/la-comision-europea-lanza-una-consulta-sobre-empleo
Comentarios
Publicar un comentario