Subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
De
Anónimo
-
No DOG do 31 de maio de 2019 publicanse as subvencións concedidas no programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
As políticas de emprego xuvenil a exame Avaliación do apoio ao emprego xuvenil pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo A Comisión desexa coñecer a opinión dos cidadáns e as partes interesadas sobre as actividades levadas a cabo pola Unión Europea desde 2014 para promover e mellorar o emprego dos mozos a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e do Fondo Social Europeo. A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018. A consulta pública, que permanecerá aberta durante 12 semanas, ata o 16 de agosto, está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, na web da Comisión Europea. http://www.injuve.es/empleo/noticia/la-comision-europea-lanza-una-consulta-sobre-empleo
A Secretaria de Estado de Servizos Sociais conovoca os Premios Estatais ao Voluntariado Social Os Premios Estatais ao Voluntariado Social recoñecen a acción voluntaria das persoas, desenvolta ante as situacións de vulnerabilidade, privación ou falta de dereitos a través de programas de voluntariado que pretendan: a) Favorecer a igualdade de oportunidades e non discriminación, e a procura da transformación social. b) Conseguir unha mellora social, tanto nas persoas, como nas súas contornas. Poderán propoñerse como candidatas ás persoas voluntarias, nacionais ou estranxeiras, que desenvolvan a súa actividade solidaria no seo de entidades do Terceiro Sector de Acción Social, ou en entidades públicas ou privadas que realicen programas de voluntariado en colaboración coas mencionadas organizacións sociais do Terceiro Sector de Acción Social. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2019 Máis información no BOE do 14 de maio
Queres estudar ensinanzas deportivas o próximo curso? A Consellería de Educación convoca probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20. A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de xullo de 2019. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A Datas das probas: A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela: a) Grao medio: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas b) Grao superior: 9 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase: a) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas. b) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 11 de set...
Comentarios
Publicar un comentario