Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

STEMweek 2019

Imagen
STEMweek 2019 A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia. O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte. En cada  quenda , o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores legais dos menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de realización da actividade, e os gastos que isto ocasione serán a cargo deles. O resto das actividades será gratuíto para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas. Requisito

Programa Emprega Muller

Imagen
Programa Emprega Muller A Conselleía de Economía convoca subvencións para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas. Entidades beneficiarias:   as persoas empregadoras e as empresas. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse antes do 25 de xuño de 2019. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2019. As solicitudes tramitaranse en  https://sede.xunta.es  co procedemento TR350A Máis información no DOG do 25 de abril de 2019  

XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez

Imagen
XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez   A Deputación de ourense convoca a XVI edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración. A) Bases modalidade narración: A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Coas seguintes características: Os textos terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, sempre escritos en programa Word, fonte tipográfica Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado 1,5. Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €. O prazo de presentación de orixinais estará aberto   ata o 20 de maio de 2019. B) Modalidade ilustració

Subvencións a programas mixtos de emprego e formación para a mocidade

Imagen
Subvencións a programas mixtos de emprego e formación para a mocidade A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán ser persoas beneficiarias participantes deste programa aquelas   persoas mozas inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil   no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos   concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos e as entidades públicas   dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas. Duración 1. Os proxectos te

Jóvenes investigadores

Imagen
O Instituto da Xuventude (INJUVE) e o Ministerio de Ciencia convocan os premios do  XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"  para 2019. Búscase premiar traballos de investigación básica, aplicada, "de fronteira", ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo da ESO, o Bacharelato e a Formación Profesional. A finalidade é espertar vocacións investigadoras entre a mocidade estudante, mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na mocidade do noso país Requisitos: -  Estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional  que estean matriculados durante o curso 2018-2019 en centros docentes españois. Tamén poderán participar quen, cumprindo cos requisitos da idade, estean matriculados en 2º de Bacharelato durante o curso 2017-2018. - Os participantes deben ter nacionalidade española ou residencia legal en España, cumprir 15 anos antes do 31 de decembro de 2018 e non ter 21 anos ao 30 de setemb

Premio de Pintura da Fundación Mainel.

Imagen
Premio de Pintura da Fundación Mainel  A Fundación Mainel convoca a 22ª edición do seu Premio Nacional de Pintura para artistas menores de 35 anos. Cada participante poderá presentar só unha obra, con dimensións non superiores a 150×150 cm. (incluído o marco) e 20 kg. de peso máximo. O tema será de libre elección, así como os soportes e materiais empregados. A obra poderá entregarse con ou sen marco, pero sempre en bastidor (non se aceptará a tea por si soa). Se a obra requíreo, é mellor empregar metacrilato que cristal, en prevención de roturas. A inscrición xa está aberta e realízase unicamente a través da web da Fundación Mainel, enchendo o formulario dispoñible ao que se debe achegar a seguinte documentación: - Ata tres fotografas da obra, cun tamaño máximo de 10 MB. - Un documento PDF no que se inclúa o currículo vitae do autor e un dossier da súa traxectoria artística documentada, de 5 páxinas e 5 MB como máximo. - Copia do DNI ou pasaporte do autor. Farase unh

Axudas para a contratación e formación das persoas mozas

Imagen
Este programa foi convocado pola consellería de Economía, Emprego e Industria.   Emprega Xuventude  a prol da contratación e formación das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas  que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade. As solicitudes están dispoñibles en  https://sede.xunta.gal  co código TR349T Máis información no DOG do 9 de abril de 2019 e en  http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria .
Imagen
O Concello de Sada organiza a XV Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire. Poderán concursar grupos de teatro afeccionados, presentando a concurso o número de obras que desexen, das cales só poderá ser seleccionada unha. As obras poderán ser representadas en calquera idioma, sempre e cando sexa aceptado pola comisión de selección. Poderán participar as compañías interesadas, independentemente da súa procedencia ou da súa participación en edicións previas desta Mostra. Non se aceptarán a concurso obras xa escollidas e representadas en edicións anteriores deste certame. Será por conta dos grupos participantes a autorización do autor da obra. Os dereitos de representación das obras correrán a cargo do Concello de Sada como organizador. Premios: - Premio de 800 € para as compañías seleccionadas para a fase de representacións da Mostra. - Premio de 400 € ao mellor espectáculo para o xurado en base a criterios artísticos de calidade do texto escollido/cr

XV Certame de artes plásticas Deputación Ourense

Imagen
Esta convocatoria levarase a cabo para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística. Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material. Cada concursante poderá participar cun máximo de 2 obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades. Se queres obter maior información sobre premios e requisitos podes facelo aquí.

Nortear

Imagen
Nortear   O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura e Turismo – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal. O premio ten como obxectivos: a) Promover a aparición de novos escritores; b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción; c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal; d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais; e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras. Requisitos: Poden participar no premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. Modalidade: O premio literario versará sobre o xén

IV Concurso O Ollo de Vidro

Imagen
Os equipos de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Vigo, do IES Castelao, do IES Pino Manso de Porriño, xunto coa Biblioteca Municipal Neira Vilas e a Biblioteca Municipal do Porriño convocan o IV Concurso O Ollo de Vidro. Este certame enmárcase dentro do proxecto Recoméndoche un libro que ten como obxectivo dinamizar a lingua galega e animar á lectura. Entre as entidades colaboradoras figura tamén o Festival de Cans, onde se presentarán os vídeos gañadores. Algúns dos requisitos son: - Os proxectos poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal. - Poden realizarse críticas literarias, booktrailers, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora. - Ten que estar feito en galego. Valorarase positivamente o feito de que aparezan obras en galego nos proxectos. - O tratamento da crítica ten que ser sempre en positivo. - Dado o caso, o vídeo ten que protexer a trama do libro, non pode

Semana Europea da Mocidade 2019

Imagen
Do 29 de abril ao 5 de maio celébrase a novena edición da Semana Europea da Mocidade (SEJ). Organizada cada dous anos, ten como obxectivo de dar máis visibilidade ás actividades xuvenís e a todas as oportunidades que a Comisión Europea lles ofrece. Tamén servirá para promover que a mocidade poden influír coas súas decisións na sociedade e que deben ser unha parte activa dela. O punto de partida á Semana Europea da Mocidade darase cun gran acto central en Bruxelas os días 29 e 30 de abril. Nel reuniranse novos, asociacións e outras persoas implicadas no ámbito da mocidade. Servirá para poñer de relevo programas europeos como Erasmus+: Mocidade en Acción e o Corpo Europeo de Solidariedade. O lema da Semana Europea da Mocidade 2019 é “A democracia e eu”. Por iso, entre as actividades programadas en Bruxelas, van ter protagonismo as relacionadas coa iniciativa “This time I’m voting” con debates e actos sobre esta iniciativa para animar aos mozos e mozas para participar nas eleccións

XXVIII edición do Certame Novos Creadores do Concello de Madrid

Publicado en Exposicións, certames e concertos O Concello de Madrid convoca a XXVIII edición do Certame Novos Creadores. O obxecto deste certame é fomentar a participación da mocidade nos diferentes campos da creación artística, promovendo o máis amplo coñecemento e difusión das novas propostas innovadoras e da calidade desenvolta por eles, así como o talento e o traballo para desenvolvelas. Modalidades: - Curtametraxe - Baile - Poesía - Fotografía - Música - Obra Plástica - Iniciativa Social - Micro teatro. O prazo de inscrición e presentación das obras de todas as modalidades eatará aberto ata o 7 de maio de 2019. Requisitos: Poderán participar todos os mozos españois ou estranxeiros residentes en España, que teñan idades comprendidas entre os 14 e 30 anos, ambas as incluídas, na data de publicación da convocatoria. Para os grupos, polo menos o 50% dos e as integrantes deberán ter dita idade e a media de id

Encontro estatal de Correspondentes Xuvenís

Imagen
Encontro estatal de Correspondentes Xuvenís A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou xunto con máis de 120 correspondentes xuvenís de distintas comunidades autónomas, nun encontro sobre alberguismo en Gandarío. A esta primeira iniciativa asistiron mozas e mozos de Galicia, Canarias, Castela-León, Madrid, Murcia e Navarra Trátase de mellorar a súa capacitación como transmisores de información a outros mozos e promover o alberguismo entre a xente nova A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu ao primeiro encontro de correspondentes e alberguismo xuvenil das diferentes comunidades autónomas, que ata o domingo tivo lugar no albergue de Gandarío. Máis de 120 mozas e mozos procedentes de Galicia, Canarias, Castela-León, Madrid, Murcia e Navarra déronse cita nesta xuntanza organizada pola Rede Española de Encontros Xuvenís (REAJ), en colaboración coa dit

Oferta campos de voluntariado en Galicia, 2019

Imagen
Oferta campos de voluntariado en Galicia, 2019 Consulta tódala información neste enlace

Mes da terra da REAJ

Imagen
Mes da terra da REAJ O 22 de abril é o Día da Terra e desde a REAJ queren celebralo cun concurso sustentable. Con todos os comentarios que reciban elaborarán un documento verde que recollerá todas as boas prácticas propostas polos participantes. Este documento será publicado para difundir hábitos de vida máis sustentables e faranllo chegar ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente Poderán participar na Promoción: - Calquera persoa física maior de 18 anos que resida no territorio español e que encha o formulario de participación proporcionando os datos que se solicitan. Non poderán participar: - Menores de 18 anos. - Persoas non residentes en España. - Persoas que non faciliten o seu nome, apelidos e dirección de email válida. Podes participar   ata o 22 de abril   (Día da Terra) ata as 23.59 horas. Premios: - 2 paquetes compostos por unha noite para 2 persoas en calquera albergue  REAJ de España en réxime de aloxamento e almorzo e un billete de autobú

XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"

Imagen
XXXI Certame "Jóvenes Investigadores" O Instituto da Xuventude (INJUVE) e o Ministerio de Ciencia convocan os premios do   XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"   para 2019, dirixido a estudantes de   ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Búscase premiar traballos de investigación básica, aplicada, "de fronteira", ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo da ESO, o Bacharelato e a Formación Profesional. A finalidade é espertar vocacións investigadoras entre a mocidade estudante, mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na mocidade do noso país, incorporando polo menos unha parte da experiencia directa no proceso de xeración do coñecemento. Requisitos: -   Estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional   que estean matriculados durante o curso 2018-2019 en centros docentes españois. Tamén poderán participar quen, cumprindo cos requisitos da idade, estean matriculados en 2º

Premios extraordinarios de bacharelato

Imagen
Premios extraordinarios de bacharelato   A Consellería de Educación convoca os   premios extraordinarios de bacharelato   para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018-2019 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. 1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios. 2. Cada premio estará dotado con 1.000 €. 3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato. 4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción. 5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional. 6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez,