Participantes para proxectos europeos en Italia e Portugal
Participantes para proxectos europeos en Italia e Portugal
O Concello de Ribadavia, a través da súa OMIX, Oficina Municipal de Información Xuvenil, está a organizar varios proxectos europeos para os que necesita participantes de calquera lugar de Galicia
PROXECTOS:
1. HEY, "HERITAGE FOR THE EUROPEAN YOUTH"
Búscanse 5 participantes + unha ou un "leader" para un Intercambio Internacional financiado polo programa Erasmus+ , en Alcoutim (Portugal) do 9 ao 19 de Agosto de 2019 (Incluidos días de viaxe).
A ou o "leader" tería que asistir a preparación previa do proxecto en Acoutim do 25 ao 27 de Maio (incluidos os días de viaxe)
Cubrense os gastos de aloxamento, manutención e ata 275 euros por participante para a viaxe de ida e volta.
A ou o leader non ten límite de idade pero os 5 participantes teñen que ter idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos de idade.
Interesadas e interesados escribir a omix.ribadavia@gmail.com
Temática:
Este Intercambio Xuvenil ten como obxectivo dar aos participantes novos puntos de vista sobre o seu patrimonio local e nacional (presente en Artes, arquitectura, comida e nos seus valores) na procura dun patrimonio europeo común, que logo expresarán á comunidade local a través de medios artísticos. Expresión, danza, teatro e música. Con este intercambio, centrámonos en aumentar a conciencia dos mozos sobre o seu pasado mentres miramos cara ao futuro, permitíndolles interpretar e seleccionar de maneira crítica o que define os seus valores e a contorna que os rodea, xa sexa social, cultural, económico ou mesmo político. . O obxectivo principal deste proxecto é saltar as fronteiras, superar as barreiras sociais e económicas e atopar valores comúns e unha identidade común, abrindo as mentes dos mozos ao multiculturalismo e a idea de "ser europeo".

En xeral, é necesario abordar a cuestión principal do tema do patrimonio: que conservar e que deixar de lado. E esta decisión está en mans da Mocidade.
Obxetivos:
- Brindar aos mozos a oportunidade de expresarse a través de métodos de expresión artística, como pintura, vídeos, teatro, baile, etc.
- Proporcionar unha perspectiva clara e seria dos temas de cultura en Europa.
- Abrir as mentes dos mozos á multiculturalidad, a inclusión e a cultura.

Participantes:
6 participantes de cada unha das seguintes organización:
6 participantes de cada unha das seguintes organización:
A.D.E.L. - ASSOCIATION FOR DEVELOPMENT, EDUCATION AND LABOUR (SLOVAKIA), CREATIVE MINDS FOR CULTURE (LATVIA), ASSOCIAZIONE AGRADO (ITALY), MTÜ MAIDLA NOORED (ESTONIA), AYUNTAMIENTO DE RIBADAVIA (SPAIN), ESKI AVRUPA GONULLU HIZMETI GONULLULERI GENCLIK DERNEGI (TURKEY), PLANBE PLAN IT BE IT (CYPRUS), FUNDACJA RA I DO MIEDZYNARODOWE CENTRUM WSPARCIA MLODZIEZY I DOROSLYCH (POLAND), JOETZ VZW (BELGIUM), NEOI ELLADOS SE EYROPAIKI DRASI (GREECE)
2. Servizo de Voluntariado Europeo en Italia (Erasmus +)
2 vacantes de Voluntariado Europeo en Turín (Italia) desde o 5 de setembro de 2019 e durante 12 meses, e acabando a actividade do proxecto o 31 de agosto de 2020. Prazo límite para presentar candidaturas o 19 de Abril.
3. Proxecto de Erasmus + entre Balbriggan en Irlanda e Ribadavia: “Medieval Villas, sustainable development studies and town-twinning in the EU”
A OMIX de Ribadavia colabora co seu Voluntariado Europeo (Salomé Moncorgé-Eliakim e Luca Milanesio) do programa Erasmus Plus na apartado audiovisual do proxecto que esta a promover Coláiste Ghlór na Mara e o IES O Ribeiro.
Tamén colaboran no proxecto a Fundación Festa da Istoria e a Oficina de Turismo de Ribadavia
Aquí hai enlaces do blog onde podedes ver videos sobre o proxecto e coñecer mais sobre o mesmo:
https://balbridavia0.blogspot.com/
https://balbridavia0.blogspot.com/
O Concello de Ribadavia, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, acaba de recibir esta mesma semana a Tanja Horster de Eslovenia a través do proxecto de Corpo Europeo de Solidaridade da Unión Europeo.
O Corpo Europeo de Solidaridade ven a substituir o que anteriormente se coñecía como Servizo de Voluntariado Europeo e permite acoller tamén a persoas do propio país co que, o Concello de Ribadavia abre a posibilidade de que persoas de todo o territorio Nacional poidan levar a cabo proxectos de Voluntariado en Ribadavia.
Máis información na OMIX de Ribadavia
Teléfono: 988 477 101
omix.ribadavia@gmail.com
Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9. 32400 Ribadavia (Ourense). España
www.omixribadavia.wordpress.com
Teléfono: 988 477 101
omix.ribadavia@gmail.com
Casa da Xuventude, Rua Porta Nova de abaixo 9. 32400 Ribadavia (Ourense). España
www.omixribadavia.wordpress.com
Comentarios
Publicar un comentario