Nortear

Nortear

  O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura e Turismo – Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.
Resultado de imaxes para nortear

O premio ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores;
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción;
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal;
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais;
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras.
Requisitos:
Poden participar no premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
Modalidade:
O premio literario versará sobre o xénero de relato curto.
Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega.
Premio:
O premio terá unha dotación económica de 2.000 euros (1.000€ por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte) para o/a gañador/a. Esta cantidade estará suxeita á retención á conta dos impostos que correspondan (IRPF...)
As entidades promotoras comprométense ademais a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.
Lugar e prazo de entrega:
As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:
  Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
  Edificio CETMAR,
  Rúa Eduardo Cabello, s/n
  36208 BOUZAS – VIGO
arodrigues@gnpaect.eu

  As obras deben ser inéditas e presentadas nunha copia en papel, en formato A4, e deben estar tamén acompañadas dun exemplar en formato dixital (Word, Pdf, Open Office ou formato aberto) entregado nun CD ou dispositivo de almacenamento de datos (pendrive ou similar).
- As obras concorrentes teñen que ser asinadas baixo un pseudónimo do/a autor/a.
- As obras presentadas teñen que vir acompañadas dun sobre pechado, identificado co título da obra e o pseudónimo do autor (coincidente co pseudónimo utilizado nas copias da obra) coa seguinte información:
a) Identificación do autor/a: nome completo; identificación fiscal; enderezo completo (envío de declaración de enderezo de residencia do participante no Norte de Portugal ou Galicia); enderezo de correo electrónico, e un teléfono de contacto.
b) Declaración asinada polo/a participante mencionando/a de que a obra presentada ao concurso é orixinal e inédita, onde conste que é o/a titular de todos os dereitos de explotación da obra a concurso, sen excepción, así como de que estes dereitos non se atopan cedidos, baixo ningunha condición, e onde se asegure que non coñece, na data de presentación da obra ao concurso, ningunha acción ou reclamación de terceiros que poña en causa a autoría respecto dela. A non inclusión de dita declaración será motivo para que se exclúa automaticamente, considerarase non remitida e non presentada e destruirase.
c) Autorización asinada para a publicación da obra.
Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Premios Estatais ao Voluntariado Social

XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"

SON Voluntario/a, en festivais de música de Galicia