600 cursos online gratuitos

Universidades de todo o mundo ofrecen seus cursos en liña de xeito gratuíto (ou polo menos parcialmente de balde). Estes cursos denomínanse MOOCS ou Cursos en liña masivos e abertos. No últimos sete anos, máis de 800 universidades crearon arredor de 10.000 destes MOOC. E só nos últimos catro meses, a web Class Central compilou 600 novos cursos ofrecidos por 190 universidades de todo o mundo. A web organiza estes cursos por materias: Informática, Matemáticas, Programación, Ciencia de Datos, Humanidades, Ciencias Sociais, Educación e Docencia, Saúde e Medicina, Negocios, Desenvolvemento Persoal, Enxeñería, Arte e Deseño, e finalmente ciencia.
Unha das vantaxes dos MOOC é que non se rixen por horarios definidos. E tampouco teñen data de comezo e finalización. Polo que están a se converter nun fenómeno educativo, xa que se adaptan totalmente ao alumno, ademais de ofertar unha formación non regrada.
Velaiquí a listaxe dos 600 novos MOOC ofertados este curso por 190 universidades en todo o mundo.

 https://www.gciencia.com/universidade/600-cursos-online/


Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Premios Exército 2019

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"