Vamos a celebrar o encontro sectorial no Espazo Xove de Ourense "Cultura e ocio educativo como oportunidade de emprendemento.” Se queres mais información podes encontrala aquí
XXXI Certame "Jóvenes Investigadores" O Instituto da Xuventude (INJUVE) e o Ministerio de Ciencia convocan os premios do XXXI Certame "Jóvenes Investigadores" para 2019, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Búscase premiar traballos de investigación básica, aplicada, "de fronteira", ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo da ESO, o Bacharelato e a Formación Profesional. A finalidade é espertar vocacións investigadoras entre a mocidade estudante, mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na mocidade do noso país, incorporando polo menos unha parte da experiencia directa no proceso de xeración do coñecemento. Requisitos: - Estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional que estean matriculados durante o curso 2018-2019 en centros docentes españois. Tamén poderán participar quen, cumprindo cos requisitos da idade, estean matriculados en 2º...
A Secretaria de Estado de Servizos Sociais conovoca os Premios Estatais ao Voluntariado Social Os Premios Estatais ao Voluntariado Social recoñecen a acción voluntaria das persoas, desenvolta ante as situacións de vulnerabilidade, privación ou falta de dereitos a través de programas de voluntariado que pretendan: a) Favorecer a igualdade de oportunidades e non discriminación, e a procura da transformación social. b) Conseguir unha mellora social, tanto nas persoas, como nas súas contornas. Poderán propoñerse como candidatas ás persoas voluntarias, nacionais ou estranxeiras, que desenvolvan a súa actividade solidaria no seo de entidades do Terceiro Sector de Acción Social, ou en entidades públicas ou privadas que realicen programas de voluntariado en colaboración coas mencionadas organizacións sociais do Terceiro Sector de Acción Social. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2019 Máis información no BOE do 14 de maio
Subvencións a programas mixtos de emprego e formación para a mocidade A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán ser persoas beneficiarias participantes deste programa aquelas persoas mozas inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos e as entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas. Duración...
Comentarios
Publicar un comentario