Youth wiki
A información de Youth wiki está organizada en función dos países participantes e recolle e sintetiza información, que antes estaba dispersa en distintas webs.
O obxectivo xeral deste proxecto é axudar á Comisión Europea e aos Estados membros da Unión Europea na súa toma de decisións, proporcionando información sobre as reformas e as iniciativas vixentes. A recompilación destes datos tamén permite o intercambio de información e novos enfoques e apoiar actividades de aprendizaxe usadas por traballadores no ámbito da mocidade, ademais de servir como base e guía para mozos interesados, estudantes e investigadores na materia.
A principal fonte de información desta enciclopedia consiste en documentos oficiais procedentes das autoridades nacionais de alto nivel no ámbito da mocidade, así como de estudos, enquisas, análises de datos e estatísticas.
Cada país designa un Correspondente Nacional quen facilita e actualiza periodicamente os datos almacenados.
Podes consultar toda a información neste enlace ou na páxina de Youth wiki
Comentarios
Publicar un comentario