A Dirección Xeral de Xuventude ten aberto ata o vindeiro 21 de xaneiro o prazo para participar na décima edición do Parlamento Xove.
Está dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.
A iniciativa consiste nunha competición na que os diversos equipos inscritos, formados por catro alumnos e un profesor que será o coordinador, investigarán, escribirán e debaterán sobre un tema formulado pola organización.
Os equipos interesados en participar no Parlamento Xove 2019 deberán enviar telematicamente o formulario de participación  dispoñible na páxina web oficial da competición.
Fase clasificatoria:  os equipos debaterán entre si o/s día/s sinalado/s pola organización, coa temporalización e distribución de emparellamentos resultante do sorteo que se realizará publicamente o día anterior ao inicio dos debates, unha vez que se coñeza o número exacto de participantes.
Premios
1) Os equipos gañadores do Parlamento Xove: unha viaxe para os/as cinco integrantes do equipo valorada en 5.000 €.
2) O equipo finalista: un agasallo a cada un dos/das cinco integrantes do equipo.
3) Os catro mozos e mozas integrantes de cada equipo gañador e finalista en cada unha das categorías participarán nunha fin de semana de ocio educativo organizada por Xuventude.

Palamento Xove 2019

Comentarios

Entradas populares de este blog

Viaxes solidarias da Asociación "Viento Norte Sur"

Premios Exército 2019

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"