Entradas

Programa Emprega Muller

Imagen
Programa Emprega Muller A Conselleía de Economía convoca subvencións para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas. Entidades beneficiarias:   as persoas empregadoras e as empresas. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse antes do 25 de xuño de 2019. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2019. As solicitudes tramitaranse en  https://sede.xunta.es  co procedemento TR350A Máis información no DOG do 25 de abril de 2019  

XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez

Imagen
XVI edición do Premio de ilustración e narración Pura e Dora Vázquez   A Deputación de ourense convoca a XVI edición do Premio de ilustración e narración “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas modalidades de narración e ilustración. A) Bases modalidade narración: A este premio poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Coas seguintes características: Os textos terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, sempre escritos en programa Word, fonte tipográfica Times New Roman, tamaño de letra 12 puntos e interlineado 1,5. Para esta modalidade de narración establécese un premio de 1.500 €. O prazo de presentación de orixinais estará aberto   ata o 20 de maio de 2019. B) Modalidade i...

Subvencións a programas mixtos de emprego e formación para a mocidade

Imagen
Subvencións a programas mixtos de emprego e formación para a mocidade A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán ser persoas beneficiarias participantes deste programa aquelas   persoas mozas inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil   no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos   concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos e as entidades públicas   dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas. Duración...

Jóvenes investigadores

Imagen
O Instituto da Xuventude (INJUVE) e o Ministerio de Ciencia convocan os premios do  XXXI Certame "Jóvenes Investigadores"  para 2019. Búscase premiar traballos de investigación básica, aplicada, "de fronteira", ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo da ESO, o Bacharelato e a Formación Profesional. A finalidade é espertar vocacións investigadoras entre a mocidade estudante, mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na mocidade do noso país Requisitos: -  Estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional  que estean matriculados durante o curso 2018-2019 en centros docentes españois. Tamén poderán participar quen, cumprindo cos requisitos da idade, estean matriculados en 2º de Bacharelato durante o curso 2017-2018. - Os participantes deben ter nacionalidade española ou residencia legal en España, cumprir 15 anos antes do 31 de decembro de 2018 e non ter 21 anos ao 30 de setemb...

Premio de Pintura da Fundación Mainel.

Imagen
Premio de Pintura da Fundación Mainel  A Fundación Mainel convoca a 22ª edición do seu Premio Nacional de Pintura para artistas menores de 35 anos. Cada participante poderá presentar só unha obra, con dimensións non superiores a 150×150 cm. (incluído o marco) e 20 kg. de peso máximo. O tema será de libre elección, así como os soportes e materiais empregados. A obra poderá entregarse con ou sen marco, pero sempre en bastidor (non se aceptará a tea por si soa). Se a obra requíreo, é mellor empregar metacrilato que cristal, en prevención de roturas. A inscrición xa está aberta e realízase unicamente a través da web da Fundación Mainel, enchendo o formulario dispoñible ao que se debe achegar a seguinte documentación: - Ata tres fotografas da obra, cun tamaño máximo de 10 MB. - Un documento PDF no que se inclúa o currículo vitae do autor e un dossier da súa traxectoria artística documentada, de 5 páxinas e 5 MB como máximo. - Copia do DNI ou pasaporte do autor. Farase...

Axudas para a contratación e formación das persoas mozas

Imagen
Este programa foi convocado pola consellería de Economía, Emprego e Industria.   Emprega Xuventude  a prol da contratación e formación das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas  que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade. As solicitudes están dispoñibles en  https://sede.xunta.gal  co código TR349T Máis información no DOG do 9 de abril de 2019 e en  http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria .
Imagen
O Concello de Sada organiza a XV Mostra de Teatro Concello de Sada. Premios Lugrís Freire. Poderán concursar grupos de teatro afeccionados, presentando a concurso o número de obras que desexen, das cales só poderá ser seleccionada unha. As obras poderán ser representadas en calquera idioma, sempre e cando sexa aceptado pola comisión de selección. Poderán participar as compañías interesadas, independentemente da súa procedencia ou da súa participación en edicións previas desta Mostra. Non se aceptarán a concurso obras xa escollidas e representadas en edicións anteriores deste certame. Será por conta dos grupos participantes a autorización do autor da obra. Os dereitos de representación das obras correrán a cargo do Concello de Sada como organizador. Premios: - Premio de 800 € para as compañías seleccionadas para a fase de representacións da Mostra. - Premio de 400 € ao mellor espectáculo para o xurado en base a criterios artísticos de calidade do texto escollido/cr...