Entradas

Imagen
Axudas económicas para libros de texto e material escolar    A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20. 1. No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2018/19. 2. Nas axudas para adquirir libros de texto podrá participar alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial. 3. Nas axudas para adquirir material escolar podrá participar o alumnado matriculado en EP, ESO e EE. A asignación de libros farase: a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da...
Imagen
Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño. A Consellería de Política Social convoca as estadías nas residencias de tempo libre para 2019 sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense) Persoas destinatarias Persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores. Distribución das prazas A distribución das prazas será compartida nun 50 % entre a Consellería de Política Social e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas derradeiras eleccións sindicais. Tipos de servizo...
Imagen
Queres estudar ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño?    1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio. Requisitos: a) Dispor do título de graduado en ESO e superar unha proba específica. b) Os aspirantes que non dispoñan do título de ESO, deberán ter cumpridos os 17 anos e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica. c) A proba de madureza poderase substituír por: – Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional. – Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas. – Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. – Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores, ou para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e 2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior. Requis...
Imagen
Bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.    A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), aposta pola importancia do tempo libre educativo para o desenvolvemento persoal e de socialización da nosa xuventude, para a adquisición de valores e competencias e para a construción da cidadanía e a promoción da cohesión social e o compromiso. Así mesmo, a diversidade funcional representa un escenario que require de novas realidades de traballo e da necesidade de transformar as accións para que os distintos espazos sexan de verdade espazos inclusivos.   Con este fin, e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan ...

Premios Estatais ao Voluntariado Social

Imagen
   A Secretaria de Estado de Servizos Sociais conovoca os Premios Estatais ao Voluntariado Social Os Premios Estatais ao Voluntariado Social recoñecen a acción voluntaria das persoas, desenvolta ante as situacións de vulnerabilidade, privación ou falta de dereitos a través de programas de voluntariado que pretendan: a) Favorecer a igualdade de oportunidades e non discriminación, e a procura da transformación social. b) Conseguir unha mellora social, tanto nas persoas, como nas súas contornas. Poderán propoñerse como candidatas ás persoas voluntarias, nacionais ou estranxeiras, que desenvolvan a súa actividade solidaria no seo de entidades do Terceiro Sector de Acción Social, ou en entidades públicas ou privadas que realicen programas de voluntariado en colaboración coas mencionadas organizacións sociais do Terceiro Sector de Acción Social. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2019 Máis información no BOE do 14 de maio

Campos de Traballo para mozos e mozas de orixe galega ou descendentes que residan no exterior

Imagen
A Secretaría Xeral da Emigración convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior. O programa consistirá na participación nun  Campo de Traballo en Portomarín. Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico.  Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde o aeroporto de chegada a Galicia ata a residencia ou albergue xuvenil, así como dos desprazamentos terrestres de todas as persoas participantes que realicen un retorno inmediato desde a instalación en que rematen a actividade ata o aeroporto de saída. Requisitos: a) Ter a...

Novo concurso en marcha!

Imagen
Concurso #REAJconCanarias como conmemoración do Día das Illas Canarias que se celebra o 30 de maio. Qué tes que facer? Deixa un comentario no seu post de Facebook e/ou Instagram decindolles cal é túa Illa favorita e con quén te irías. Etiqueta a esa persoa e non te olvides de incluir o seu hashtag #REAJconCanarias Lembra seguilos‼️ Participa, comparte, difunde e gaña unha viaxe ás Illas con aloxamento nun dos seus albergues REAJ! Prazo ata o 2 de xuño de 2019 Toda a información en: https://reaj.com/dia-de-las-islas-canarias/